Valoración da Sentenza núm. 31/2006 do Xulgado do Contencioso Administrativo núm. 1 de Vigo, pola que se anula o POD do Dpto. De Economía Aplicada para o curso 2004 – 2005.
Esta sentenza de anulación de un POD arbitrario é a primeira por este motivo na Universidade de Vigo. Tampouco, antes, se presentara ó respecto demanda ningunha. Non é, pois, unha sentenza máis das moitas que xa se produciron contra actuacións en materia de política de persoal e que veñen amosando a súa incongruencia coa Lei e o Dereito na persecución efectiva dos fins e obxectivos da Universidade.
Esta Sección de UGT facilitou asistencia letrada aos demandantes e congratulase de que a súa petición fose estimada e apreciada polo xuiz. A Universidade resultou condenada, pero encarrilada ás esixencias do Estado de Dereito por decisión xudicial, polo que debera ser asumida nos seus termos e na pedagoxía que nos dicta coas reiteradas citas da CE.
Moitas cousas poden cambiar para ben despóis desta sentenza. Vivimos tempos de eleccións a Rector que son de necesaria reflexión para todos. Actitude que, polo demáis, é inherente á propia Institución. Pola nosa parte, só queremos sinalar algúns extremos co gallo de que a comunidade universitaria e as diferentes candidaturas os consideren se así o estiman.
o Consideramos moi graves os feitos producidos e a secuencia dos diferentes actos administrativos adoptados neste asunto que acadaron connivencias plenas nos sucesivos órganos de goberno, pese o dictame do valedor da comunidade universitaria, o informe do Servizo de Asesoría Xurídica, o Regulamento do Consello de Dpto. e a xurisprudencia ao respecto, co resultado dunha actuación contra a Lei e o Dereito e de negación de dereitos individuais. Aparte dunha maioría do Consello de Dpto., interviron sen votos en contra os membros da COAP, Consello de Goberno, e o Rector. Estamos, pois, a tempo de erradicar a inveterada práctica de que os simples votos dunha maioría lexitiman de seu un acto administrativo determinado ou que son lexítimos pese a que vulneren dereitos individuais. Ésta conducta xa se espallou máis alá da política de persoal, pero neste eido xustifica ademáis a instalación de actitudes de acoso, cando a Universidade ten incluso de seu a obriga legal de extirpalas, independentemente de que resultan contrarias ás políticas de calidade que todos debemos promover.
o Así mesmo, consideramos unha agravante o feito de que a Universidade, a sabendas de que existe xurisprudencia do TC en contra, fundamentara sen rubor a súa defensa legal na formulación da falta de lexitimación dos actuantes debido a súa condición de membros dun órgano colexiado contra o que recorren, feito que engade máis vontade de actuación arbitraria e reforzamento do acoso.
o A Universidade dilatou, ao longo de case un ano, a tramitación do recurso interno contra o POD do curso 2004/05 e fixo caso omiso da mesma situación dos afectados no POD para o curso 2005/06, pese a que xa tiñan presentada a súa demanda polo primeiro e recurso interno polo segundo. A sentenza e inexecutable, no senso de que os PODs do Dpto. en cuestión poidan resultar reformables xa que están vencidos. Neste caso, a sentencia executase por lei mediante satisfacción de indemnización aos interesados.
o A Universidade de Vigo ten, en materia de persoal, sentencias firmes na súa contra, pendentes de execución desde fai dous anos, con actuacións subseguintes como se non se tiveran producido. Ten afrontado sentenzas nesta materia por violación de dereitos fundamentais. Pode, agora, recorrer a presente perante o TSXG, a sabendas de que de novo perderá e será condenada ao pago de costas. Pero se isto acontece, seguiremos cunha política de persoal contraria ao que a Institución debe facer e representar como Institución pública.
o A Universidade de Vigo vulnerou os seus propios Estatutos, cando no 2002 suprimeu a representación sindical do Consello de Goberno. A nova política de persoal deberá restablecer a situación estatutaria anterior e admitir a mediación e participación ordinaria da Xunta de PDI en tódolos asuntos que atinxan ó persoal e as condicións de traballo.
En Vigo, a 8 de marzo de 2006.
Comisión Permanente
Sección Sindical FETE/UGT
Universidad de Vigo